viernes, octubre 31, 2008

Samaín

Percorre en silencio, desesperada,
unha bágoa esta alma en ruínas.

O vigor do pesar aquel
de non vivir, de non ser
xúbilo gozo aloumiño
bico deleite suspiro
lingua entraña paraíso.

Mísero exhausto anhelo abatido,
baleirado, esgotado, esvaecido.

Escura estación de paso.
Samaínicos pasos perdidos.

Ulises C.